En Balaídos, a partir das nove da noite de hoxe o Celta ten a primeira proba seria da tempada, unha proba que non é sinxela porque se medirá, na loita polo XXXVII TrofeoCidade de Vigo, a un dos mellores equipos de España , un Atlético de Madrid que este ano reforzouse moi ben e quere deixar de ser o eterno aspirante e pelexar realmente pola Liga e chegar lonxe en Europa.
No Celta xa non está Baiano, o goleador que onte foi presentado polo Murcia, e a piques de marchar tamén esta Nené, polo cal suspiran equipos como Olympiakos grego e o Mónaco. Pero no Celta non se duda que hoxe imos a plantar cara neste partido que para moitos e máis que un amigable.
Porque non é un torneo máis. Como destacou na presentación do Cidade de Vigo o tenente dde alcade da cidade olívica, Santiago Domínguez, “trátase dun torneo consoliado, que vén sendo parte fundamental, historicamente, dentro da época estival de Vigo e que temos que potenciar porque, ante todo. é o queleva o nome da nosa cidade”, sinalou.
Dominguez agradeceu a colaboración que atopou no Celta para organizr este trofeo e recordou a categorá do adversario, e desexa que Balaídos presente unha boa entrada como se merece.
Javi guerrero cheo de ilusión
“Para mi e a mellor pretemporada que fixen” afirmou nunha rolda de prensa. ” Xa me atopaba ben o outro dia pero preferiamos non forzar demasiado para podr xogar hoxe en Balaídos e poder coller forma de cara ao comezo da tempada”.
” O Atlético de Madrid leva máis tempo quenós con preparacións e vén mais rodado, pero esta claro que como ebut, diante da afección é bo partido.
“As esixencias fisicas son mais ximnasio e tócase moito balon, iso para nos é moi bo. Dixo o madrileño que reitero que ” A xente esta traballando como verdadeiros profesionais. Ao min quédame un ano de contrato e de momento non me planteo a posible saída.
