Onte dende Casa Celta informábannos nun pequeno comunicado que o lateral brasileiro George Lucas sufría un pequeno mareo na ducha tralo partido en Málaga.
O xogador era trasladado a un hospital da cidade andaluza e hoxe tras haber estado conscente en todo momento e haberlle feito todalas as probas correspondentes que descartaron calquera doenza cardiaca grave, George Lucas volveu ao hotel cos seus compañeiros.
Parece ser que o xogador mareouse debido ao esforzo e a calor que facía en Málaga.
Manterémonos pendentes por se temos algunha novidade.
