Posteado por: r3k3j0 | Septiembre 14, 2007

Hoxe Iriney pode quedar libre

Este venres é o dia clave para que Iriney poida ser “Home libre”, o Comité Jurisdiccional da RFEF decidira se o xogador brasileiro queda libre facendo unha rescision de contrato, ou segue vinculado ao Celta tres anos máis, o que lle queda de contrato. Iriney quere abandonar o Celta porque non se sente como tal, e asegurou que “o Celta non pode obrigarme a que me quede e penso que isto que están facendo non é válido. A miña relación co Celta acabou e son un xogador libre”. Se aceptan esta roptura entre Celta e Iriney, o xogador nado no Amazonas podra unirse a calquera equipo que teña fichas libres, dá igual que o mercado de traspasos finalizou, porque se entenderia que o xogador esta no paro.

Iriney é un xogador con gran disparo e pouco máis, actualmente o seu posto esta máis que reforzado, e se por encima non sente as cores, non pinta nada en Vigo. É un xogador mercenario que xa se esquezou de cando xogaba en 2ªB co Rayo e o Celta foi a “rescatalo” para poder xogar en Primeira. O seu caracter é de vergonza, dende Diario Celeste non queremos saber nada máis sobre este xogador.


Dejar una respuesta

Su respuesta:

Categorías