O Celta rompe a mala serie de resultados con outra nova estratexia, probando a xogadores como Vila ou Okkas, este ultimo cunha gran actuación ante o Poli Exido que parecía que se despedía rápido do partido despois de que o arbitro valenciano Matéu Lahoz sácolle o cartón vermello a Juan Díaz por unha dura entrada por detrás a Vitolo cando se dispuña a iniciar o contraataque co balón controlado. Parecía que o Celta ía ser moi superior, porque o equipo andaluz tería que afrontar un novo partido durante practicamente todo o partido, pero aínda así non viñeron atrás e atacaron como podían creando algunha que outra ocasión no marco de Pinto, o xogo parado favorecíalle ao equipo local. A primeira ocasión celeste chego no minuto 20, tras unha internada de Vara a pase de Jorge Larena, pero o lateral non foi quen de irse do porteiro. Rápido sorprendía o Poli Exido, cun centro envelenado que non chego a rematar Gerardo na área pequena por escasos centímetros. Cando o Celta empezou a atacar, pero sen certo perigo, Luís Anxo Cesar Sampedro cambio a táctica do Exido e decidiu sacar a Toedly a quen lle sacaron un cartón amarelo por protestar, por Fachendoso Vacas para incrementar velocidade no contraataque local.
A calidade de Quincy apareceu no 33 para controlar un balón altísimo amagar e disparar á esquina, esta vez o porteiro estivo atento e o gol tubo que esperar á segunda parte.
Na segunda parte o Celta foi aínda mais ofensivo, Mario Suárez cambio polo canteirán Jonathan Vila, e rapidamente xurdiu efecto, o xogo que puxo o ex do Valladolid foi suficiente para cambiar o rumbo do partido dous minutos despois, Núñez anoto outro golazo na súa conta esta tempada, logo de irse dun defensa cun gran control de cabeza e rematar á esquina esquerda. A partir de hai a defensa do Exido subía as liñas permitindo a Quincy Owuso e Núñez desbordar con certa facilidade e crear ocasións de perigo, buscando a sentenza nun remate de Núñez de cabeza que estrelo na madeira cando se atopaba só. A entrada de Diego Costa favoreceu o xogo do Celta, moi rápido esta vez e gusto máis que no partido contra o Eibar fai tan só sete días. Os últimos minutos para o Celta convertéronse nun pesadelo, o balón roldaba pola área celtica con continuos saques de esquina e balóns longos. Finalmente conseguiuse a vitoria aínda que segue sen gustar á afección
