Posteado por: r3k3j0 | septiembre 21, 2007

Un toque de Diario Celeste en HalaCelta.es

  

Diario Celeste, blog que tiña como obxectivo medrar xuntos aos poucos, pechará por unha tempada, despois de recibir unha oferta para colaborar en HalaCelta.es é cuxa paxina, tamén de poucos días de crecemento, interesouse en nós fai uns días e non fomos capaces de rexeitar unha boa oferta. Nós seguiremos falando e opinando do Celta en HalaCelta.es e faremos crecer esta páxina, cheas de boas ideas,as cales lles añadiremos un toque de DiarioCeleste, se nos seguides ao pouco descrubriredes esas novas ideas.

Grazas a todos os siareiros celestes por animarnos e ler as nosas noticias.

 R3k3j0 e S10express próximamente en: http://www.halacelta.es/

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 16, 2007

Poli Exido 0-1 Celta, Gañamos pero segue sen gustar

O Celta rompe a mala serie de resultados con outra nova estratexia, probando a xogadores como Vila ou Okkas, este ultimo cunha gran actuación ante o Poli Exido que parecía que se despedía rápido do partido despois de que o arbitro valenciano Matéu Lahoz sácolle o cartón vermello a Juan Díaz por unha dura entrada por detrás a Vitolo cando se dispuña a iniciar o contraataque co balón controlado. Parecía que o Celta ía ser moi superior, porque o equipo andaluz tería que afrontar un novo partido durante practicamente todo o partido, pero aínda así non viñeron atrás e atacaron como podían creando algunha que outra ocasión no marco de Pinto, o xogo parado favorecíalle ao equipo local. A primeira ocasión celeste chego no minuto 20, tras unha internada de Vara a pase de Jorge Larena, pero o lateral non foi quen de irse do porteiro. Rápido sorprendía o Poli Exido, cun centro envelenado que non chego a rematar Gerardo na área pequena por escasos centímetros. Cando o Celta empezou a atacar, pero sen certo perigo, Luís Anxo Cesar Sampedro cambio a táctica do Exido e decidiu sacar a Toedly a quen lle sacaron un cartón amarelo por protestar, por Fachendoso Vacas para incrementar velocidade no contraataque local.

A calidade de Quincy apareceu no 33 para controlar un balón altísimo amagar e disparar á esquina, esta vez o porteiro estivo atento e o gol tubo que esperar á segunda parte.

Na segunda parte o Celta foi aínda mais ofensivo, Mario Suárez cambio polo canteirán Jonathan Vila, e rapidamente xurdiu efecto, o xogo que puxo o ex do Valladolid foi suficiente para cambiar o rumbo do partido dous minutos despois, Núñez anoto outro golazo na súa conta esta tempada, logo de irse dun defensa cun gran control de cabeza e rematar á esquina esquerda. A partir de hai a defensa do Exido subía as liñas permitindo a Quincy Owuso e Núñez desbordar con certa facilidade e crear ocasións de perigo, buscando a sentenza nun remate de Núñez de cabeza que estrelo na madeira cando se atopaba só. A entrada de Diego Costa favoreceu o xogo do Celta, moi rápido esta vez e gusto máis que no partido contra o Eibar fai tan só sete días. Os últimos minutos para o Celta convertéronse nun pesadelo, o balón roldaba pola área celtica con continuos saques de esquina e balóns longos. Finalmente conseguiuse a vitoria aínda que  segue sen gustar á afección

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 15, 2007

Oubiña debuta co Birmingham

Borja Oubiña debutou hoxe na Premier co Birmingham. Entrou no min 87 e xogou un total de 8 minutos na victoria do seu novo equipo pola minima ante o Bolton. Oubiña estara unha tempada con opcion de compra en Inglaterra, esperamos o mellor deste xogador vigues em terras inglesas.

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 14, 2007

Lista de convocados para viaxar a Exido

Hristo Stoichkov xa deu a lista de combocado para o encontro ante o Poli Exido. Os xogadores convocados son: Pinto, Esteban; Vara, Peña, Agus, Zanev, Rubén; Vitolo, Roberto Souza, Núñez, Jorge, Ádrian, Vila, Mario Suarez Quincy; Diego Costa, Manchev, Okkas.
Parece que Diego Costa e Quincy van empezar no banco como novidade respecto ao partido pasado fronte o Eibar. Okkas pode ser titular, o xogador chipriota atópase nun estado físico optimo e pode ser a novidade no 11 inicial debido ás molestias de Manchev, que aínda non demostrou a súa calidade no equipo. Peña e Roberto Souza tamen arrastran molestias. Jorge sera outra vez titular debido á lesion de Canobbio que o tendra outra semana apartado do terreo de xogo.

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 14, 2007

Hoxe Iriney pode quedar libre

Este venres é o dia clave para que Iriney poida ser «Home libre», o Comité Jurisdiccional da RFEF decidira se o xogador brasileiro queda libre facendo unha rescision de contrato, ou segue vinculado ao Celta tres anos máis, o que lle queda de contrato. Iriney quere abandonar o Celta porque non se sente como tal, e asegurou que «o Celta non pode obrigarme a que me quede e penso que isto que están facendo non é válido. A miña relación co Celta acabou e son un xogador libre». Se aceptan esta roptura entre Celta e Iriney, o xogador nado no Amazonas podra unirse a calquera equipo que teña fichas libres, dá igual que o mercado de traspasos finalizou, porque se entenderia que o xogador esta no paro.

Iriney é un xogador con gran disparo e pouco máis, actualmente o seu posto esta máis que reforzado, e se por encima non sente as cores, non pinta nada en Vigo. É un xogador mercenario que xa se esquezou de cando xogaba en 2ªB co Rayo e o Celta foi a «rescatalo» para poder xogar en Primeira. O seu caracter é de vergonza, dende Diario Celeste non queremos saber nada máis sobre este xogador.

        

George Lucas non viaxara a Exido, aínda que xa pasou as diferentes probas que lle fixeron os medicos para comprobar se o seu organismo esta en plenas condicións, o Celta non quere arriscar por se sucede algo parecido ao miercoles pasado onde se desvanecio no partido copero. O xogador empezara a adestrar con normalidad a finais desta semana.

Canobbio tampouco estara na lista de combocados, o uruguayo aínda non esta recuperado da sua rotura fibrilar e todo apunta a que este no partido contra As Palmas a semana que vén.

Matías Lequi empeza a dar a cara despues de estar a pretemporada e o comezo liguero sen pronunciarse o seu nome nin para as comvocatorias. Lequi tubo unha entrevista para a Voz de Galicia na que mostro a súa descontento e desilusion co club.

-¿Como encaixa a súa situación?
-É difícil levar o día a día. É fodido verche fose porque a calquera xogador gústalle xogar. O que che queda é seguir para que se chega o momento, facelo o mellor posible.
-¿Vostede séntese partícipe do equipo neste momento?
-Quero deixar moi claro que á hora de adestrar dou o cento por cento, e que o meu profesionalidad non pode ser posta en dúbida. Gústame o que fago, e é imposible que non intente facelo o mellor posible. Fai dez ou quince días lin que se seguía adestrando así, tiña posibilidades de xogar. Non creo que cambie a miña forma de traballar neste tempo.
-Con todo, o presidente sostén que a clave para que vostede xogue pode estar no cumprimento das normas.
-É verdade que hai un reglamento, pero nas normas internas do club suscítanse castigos ou multas ao xogador se non as respecta. De momento, non paguei ningunha multa. Non me notificaron nunca que evadín o reglamento interno. Resúltame un pouco estraño e dóeme que se dubide da miña entrega.
-¿A que se refire?
-Lin tamén que eramos un pouco os culpables do descenso. Nos últimos sete partidos só me tocou entrar en dous, Atlético de Madrid e Getafe, e creo que intentei facelo o mellor posible. Cando estiven no banquiño quedeime calado, e se tiven que saír esforceime por dar o máximo. Hai que estar na pel de cada un para tachar a unha persoa de culpable. Cada un saberá porqué dio.
-¿estivo algunha vez apartado do grupo como foi o caso de Javi Guerreiro?
-Nunca estiven nin me sentín apartado do grupo. Sempre me sentín ben e respectei as decisións do adestrador por encima de todo. El é o que fai o equipo e se che toca non xogar, tes que apoiar.
-¿Que explicación déronlle para non entrar nos partidos de pretemporada?
-O que se sabe xa é que o club non contaba comigo e que me ían a buscar unha saída. Non se arranxou nada e agora o que quero é que me deixen aportar para poder deixar máis tranquila á xente.
-Tivo algunha boa oferta, ¿por que se quedou aquí?
-Tiven chamadas e saíanme cousas pero me quedei coa condición de que nunca ía baixar os brazos e que ía pelexar. Gústame esta cidade e non quería moverme de aquí. Non foi unha cuestión de diñeiro.
-Placente dixo tras ser despedido que vostede e Contreras non xogaban por motivos extradeportivos. ¿Iso é verdade?
-Diego terá as súas razóns. Sigo confiando en que o fútbol é fútbol. El saberá porqué díxoo. Sigo crendo que é un tema meramente futbolístico e que o adestrador non crerá que podo aportar máis que os raparigos que están dentro.
-Quédanlle tres anos de contrato. ¿Ve posibilidades de chegar a xogar outra vez aquí?
-Adestro a mil sempre. Véxome coa capacidade de poder xogar. Quero facelo e séntome confiado nas miñas condicións para facelo.
-¿O técnico deulle algunha explicación?
-Non falei co técnico e tampouco espero unha charla. El pode armar o equipo como queira.
-Sabe que o seu tema é unha pataca quente para todos…
-Se non puiden saír neste tempo de verán, esperaremos a xaneiro. Non quero crear conflitos nin ser un incordio para ninguén. Verase, o tempo dirá as cousas.
-¿Que impresión deulle o equipo desde fóra?
-O equipo empezou de menos a máis. Pesoulle ter moita xente nova, nova e que lle pesou adaptarse ao equipo e á cidade. Esperemos que co transcorrer do campionato estes rapaces poidan coller confianza. Hai materia prima e traballándose moi ben. Facía tempo que non adestraba con esta calidade. Temos unha riqueza táctica impresionante

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 11, 2007

Okkas importante na victoria de Chipre o pasado sábado

Okkas xogador do Celta demostrou que aínda estando en baixa forma fisica, segue achegando moito gol este onde este. O xogador chipriota anotou un dos tres goles que meteu o sua seleccion a Armenia na clasificacion para ir á eurocopa. Okkas segue sendo o un xogador referencia no súa pais, pola cantidade de goles que mete e polo seu bo xogo. O proximo mercores xogara de novo contra Armenia , polo que non se adestrase co Celta probablemente ata o venres, de todos os xeitos todo apunta a que sera convocado por primeira vez o Domingo ante o Exido.

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 10, 2007

Hristo non o ten claro

Hristo Stoichkov aínda non ten claro a tactica nin os xogadores cos que presentarse a cada partido. Tan só quedan por debutar o chipriota Okkas que esta traballando duro porque esta baixo de forma e os defensas Lequi e Contreras.

Nos catro primeiros partidos oficiais desta tempada aínda non se repetiu alineacion. Contra o Cordoba debutaron co Celta os canteiráns Richy e Roberto Lago, tambien xogaron Borja Oubiña e Javi Guerreiro, dous xogadores que xa non estan. Tambien participaron ese mesmo encontro Pinto, Núñez, Zanev , Peña, Rubén, Manchev, Dani Abalo e Roberto Souza.

En Castellon debutaron Vara, Mario Suárez e Vitolo ademas de G.Lucas, que xogou un encontro oficial despues dun ano de lesións.

A continuación chego a Copa do Rei ante o Málaga. Esteban estubo na porteria, Jonathan Vila, Adriaán, Agus e Diego Costa tambien debutaron ese mesmo día. O último en facelo foi Quincy Abeyie que disputo os 90 minutos do partido contra o Eibar na última xornada disputada.

Parece que Okkas debutara o proximo domingo en Exido e Contreras e Lequi seguiran sen ser combocados.

Posteado por: r3k3j0 | septiembre 9, 2007

Celta 0-1 Eibar, Saltan as alarmas

            

Parecia que o Celta hiba a conseguir a primeira vitoria da tempada ante o eibar, un equipo da zona baixa da táboa e recien ascendido de Segunda Division «B» pero ao final non foi asi.

O Celta estibo toda a primeira parte tocando o bola e xogando como  en primeira, unha cousa mala para segunda, teñen que cambiar o «chip» e saber que iso en segunda non esta ben,en segunda hai que ser máis rapidos, non dar o ultimo pase e tirar xa para un posible rexeite, cousa que Diego Costa fixo moi mal no seu estreo co Celta, é que o mozo dianteira do Atl.Madrid puido levarse moitos goles de Balaidos o día de hoxe pero non o conseguiu por tardar nos tiros ou fallar ata en dúas ocasións diante da porteria. Manchev pola súa banda tubo as primeiras ocasións claras de gol , pero a primeira foi fallada no un a un con Pichu, outro xogador cedido polo Atl.Madrid. Ao Celta fáltalle definicion, toque e xogo téñeno pero lle falta a ultíma pegada que cambie o marcador. A aficion moi dura co Celta vibraba con outro dos xogadores debutantes. Quincy Abeyie facia de todo pola banda, bos regates, centros a medida , bos pases pero lle faltou algo de confianza en si mesmo, de todos os xeitos e un xogador que promete. Núñez tamen estibo ben nos minutos que estibo no campo , tibo varias xogadas que foron aplaudidas polos afeccionados. Jorge pola súa banda non entro moito en contacto e non fixo un bo partido e fixo botar de menos a ausencia de Canobbio quen estibo na grada xunto a George Lucas.

Tanto atacar e tan pouca efectividad fixo que á segunda vez que o equipo Guipuzcuano chego ao area convertiuse en gol, na unica lagoa que tubo a defensa celeste,que estubo moi correcta durante todo o partido menos no gol do Eibar que chego a falta de 8 minutos.

Outro mazazo e xa son 3 conscutivos Castellon, Malaga e hoxe e tambien se contamos o empate contra o Cordoba. Tres partidos de liga contra equipos da zona baixa e tres derrotas. Salta a alarma.

Ficha técnica:

CELTA: Pinto, Vara, Peña, Rubén, Agus, Núñez (Vitolo, min.56), Jorge (Adrián, min.79), Roberto Souza, Quince, Diego Costa y Manchev (Dani Abalo, min.62).

EIBAR: Cuellar, Txiki, Urzelai, Alaña, Raúl, Codina (Medina, min.64), Altuna (Zurutuza, min.65), Lombraña, Yagüe, J. del Olmo (Zurutuza, min.76) y Carmelo.

Goles: 0-1, min.81: Zurutuza

Árbitro: José Antonio, Teixeira Vitienes (comité cántabro), auxiliado por De Juana González y Rodríguez Herrera. Amonestó a Núñez, Diego Costa, Roberto Souza, Vitolo,Txiki, Alaña y Carmelo

Campo: Estadio de Balaídos, unos 6.650 espectadores.

Older Posts »

Categorías