Posteado por: s10express | agosto 10, 2007

A Real Sociedad interesada en Gustavo López

Gustavo López podería ser o interior esquerdo que interesaba a Real Sociedad. O futbolista arxentino que se encontra actualmente sen equipo dende hai un mes e podería ser o extremo perfecto que busca o equipo de San Sebastián.

Según informa o Diario AS o equipo donostiarra xa fixo unha primeira oferta ao xodador, aínda que soan mais equipos onde xa soou que podia recalar, como o Cádiz, o Independiente arxentino ou incluso falouse da MLS estadounidense.

Nun principio a Real ofreceulle unha tempada no clube con opción a outra mais, caso idéntico ao de boliviano Peña en Casa Celta.

Parece que aínda que xa está fora do clube galego, á afección seguelle iteresando o estado do «corvo», como era apodado en Balaidos, e non é para menos, pois foi este un xogador que xogou oito anos coa elástica celeste, dando o seu mellor rendemento e ilusionando en meirandes ocasións a unha bancada.

Dende Diario Celeste desexámoslle moita sorte ao xogador.


Deja un comentario

Categorías