Posteado por: s10express | agosto 11, 2007

Posible marcha de Contreras

Parece que o clube vigués anunciou a Pablo Contreras, actual zagueiro do Celta que se encontra en estado transferible, a pesar de que aínda ten un ano de contrato .  Dende o club indicouse en varias ocasións que se conta co actual bloque de xogadores para afrontar o reto de Segunda, algúns deles teñen as portas máis que abertas para abandonar a disciplina celeste. Se primeiro foi Lequi o que recibiu a noticia de que se lle facilitaría a saída, onte o seu compañeiro na zaga, Pablo Contreras, recoñecía que «se teño a posibilidade de saír, o club escoitará ofertas».

Dende fora os afeccionados celestes cren que tralos problemas que deu o chileno á súa selección na Copa América, e dado que este xa foi pillado dando problemas noutras ocasións o Celta canso desta situación busca limparse as mans, tendo en conta que neste movido mercado de verán o Celta xa contratou dous centrais casos de Peña e Rubén respectivamente.

O que está claro é que se ao final o Celta consegue atopar equipo a estes xogadores, habería que reforzar a zaga posto que como dixo Contreras, «imaxínome que dada a situación de Matías Lequi e eu, non creo que o club queira quedar soamente con dúas centrais».


Deja un comentario

Categorías