Posteado por: s10express | agosto 20, 2007

Outra vez soa Angel no Barça

Regresa outro pequeno culebrón do verán, o lateral céltico Angel López volve a soar no Fútbol Clube Barcelona.

Parece ser que o clube da cidade condal estaría disposto a facérense cos servizos do lateral canario por unha mais que posible saída do lateral brasileiro Belleti, que parece non contar moito para o técnico holandés Frank Rijkaard.

Esta saída xa soou anteriormente, incluso falouse dunha compre do lateral polo clube blaugrana por unha cantidade preto dos 4 millóns de euros, e no caso de que Belleti abandone as filas do Barça, o clube quedaríase so para ocupar esa posición co internacional italiano Zambrotta.

Dende Diario Celeste estaremos moi atentos ás evolucións desta negociación.


Deja un comentario

Categorías